Sunday 19 de May de 2024

O Concello de Lousame entrega a Cáritas os alimentos recollidos na campaña de Nadal


A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, agradece a colaboración da veciñanza coa iniciativa
A concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, vén de entregarlle a voluntarias de Cáritas no municipio os alimentos recollidos durante a Campaña de Nadal, que estivo aberta entre o 4 e o 18 de decembro. Unha iniciativa que permitiu recoller na casa consistorial lousamiá alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas…) así como produtos do Nadal, todos eles debidamente etiquetados e que non teñan superada a data de consumo preferente.

Silvia Agrafojo amosa “o noso total agradecemento aos veciños e veciñas de Lousame que colaboraron nesta campaña solidaria, cunha mención especial ao CPI Cernadas de Castro, que achegaron varias caixas de leite”. Unhas caixas que foron recollidas por Protección Civil e entregadas ás voluntarias de Cáritas para o seu reparto entre as familias máis desfavorecidas no municipio.